¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Festival Arteficial: 20 anos facendo comunidade, a piques de morrer

1Round Remaining 24 days
Received
$ 57,030
Minimum
$ 60,778
Optimum
$ 332,048
66 Co-financiers
Channel
  • Contributing $ 101

    Unha pinga

    Con cinco euros non podemos facer milagres pero bueno, pinga a pinga fúrase a pedra.

    • Mención especial de agradecemento na web e nas redes sociais.

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing $ 203

    Arre demo, non será para tanto!

    Veña, que non vos custa nada... que son dez euriños?

    • O anterior + BSO do festival

    Enviarémosche a lista de reprodución oficial do XX aniversario antes que a ninguén para que vaias memorizando as letras

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers
  • Contributing $ 304

    Menú do día: dous pratos + bebida + pan + sobremesa

    Branco ou tinto? Churrasco ou robaliza? Sexa como sexa, por este prezo tan xeitoso poderás recibir:

    • Todo o anterior + crónicas da Madalena

    Sumarémoste ao noso boletín de novas exclusivas para que esteas ao tanto de todo

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Co-financiers
  • Contributing $ 608

    O apoio dunha nai

    Non hai nada como o apoio incondicional dunha nai... ou dunha socia.

    • Todo o anterior + carné de socia + postal de agradecemento

    Formarás parte da familia Arteficial durante un ano, e enviarémosche unha postal física, escrita a man e con mooooito agarimo

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 13 Co-financiers
  • Contributing $ 1,013

    Máis chula que naide

    Para que luzas o traxe novo no festi, como facía o teu avó no baile.

    • Todo o anterior + camiseta

    Recibirás unha camiseta ben chula dalgunha das anteriores edicións. Xa falaremos do talle.

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 23 Co-financiers
  • Contributing $ 1,621

    Jrasias por vir

    A primeira corre da nosa conta, logo xa ti verás o que fas.

    • Todo o anterior + vaso oficial + fanzine
    • Agasallámoste o vaso reutilizable e, ademais, un exemplar impreso do fanzine desta edición

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing $ 2,431

    Embaixadora cultural

    A ver rapazada, non todo é festa... tamén hai que culturizarse un pouco.

    • Todo o anterior + roteiro histórico
    • Un percorrido exclusivo pola vila de Ribadavia guiado por unha de nós para descubrir, de primeira man, as historias deste lugar

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing $ 3,039

    Quentiña e a remollo

    Pon os callos a cocer (os dos teus pes).

    • Todo o anterior + bono termal
    • Agradecemos o teu compromiso cun convite para dous para desfrutar das pozas termais de Prexigueiro (a 5 minutos da vila)

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing $ 6,078

    A verdadeira experiencia

    Invitámoste a comer con nós e incluso, se fai falta, limpámosche a boca.

    • Todo o anterior + xantar
    • Convidámoste a compartir unha comilona pola vila co equipo de organización

    IMPORTANTE!!
    Recordade que podedes desgravar ata un 80% do importe da túa donación. Para máis información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

Día 8: xa levamos máis da metade

05 | 05 | 2026
Día 8: xa levamos máis da metade

Esta fin de semana, en plena feira do viño do Ribeiro, chegamos aos 1.500€ recadados. Poucas horas despois, alcanzamos os 1.700€. Xa vos podedes imaxinar a alegría que levamos e que, obviamente, celebramos cunha copa de branco.

Segundo os nosos cálculos, agora mesmo poderíamos contratar unha actuación curta de King África en solitario pero bueno, preferimos pagar os seguros da asociación. Prioridades.
Moitas grazas ás 45 persoas cofinanciadoras do proxecto. Aínda queda traballo, pero... conseguirémolo!!
Apertas a todas!!!!! 🫂💜

Yorumlar

Inicia sesión para dejar un comentario