¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

XI Festival Agrocuir da Ulloa

Header image
Watch video
Finished 18 / 08 / 2026
Funded!
Received
$ 264,229
Minimum
$ 171,157
Optimum
$ 277,441
268 Co-financiers
Channel
  • Contributing $ 296

    O teu nome na memoria colectiva

    Na Cuirtopía ninguén é anónimo. Cada nome é unha memoria, cada memoria é un futuro posible. O teu tamén.

    Con esta recompensa ayudas a imaginar colectivamente futuros mejores y a sumar tu nombre a la memoria colectiva Agrocuir. Además:

    • Publicaremos tu nombre en la web para que puedas verte eternamente como alguien que hizo esto posible.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre cómo facelo AQUÍ.

    > 52 Co-financiers
  • Contributing $ 592

    Cartón de bingo

    O bingo é o momento. Ese ratiño no que todo o mundo cala, as pandeiretas descansan e só se len números e suspiros. Non te quedes sen cartón o día do festival, non vaia ser. Resérvao agora. Recólloo alí, sen présas, e cando empece xa o terás na man.

    Con esta recompensa axudas a que o bingo sobreviva outro ano e a que a emoción de cantar "¡liña!" non desapareza do rural. Ademais:

    • Un cartón de bingo oficial (recollida no festival).
    • Publicaremos o teu nome na web para que te poidas ver eternamente como alguén que fixo isto posible.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como faceloAQUÍ.

    > 67 Co-financiers
  • Contributing $ 986

    Cartón de bingo + 4 calcomanías

    Reserva ese cartón que logo todo son présas. Ademais, levas catro calcomanías a elixir. As clásicas pero que sempre apetecen: a vacacornia, o cuirus, Altri Non,... Poñas na cara, no brazo, onde queiras. E duran o que duran, como todo o bo.

    Con esta recompensa axudas a que o bingo siga sendo sagrado e a que as calcomanías sigan viaxando polo mundo pegadas en xente que non se coñece pero que se recoñecería nunha foliada. Ademais:
    Un cartón de bingo oficial.
    4 calcomanías para a pel de edicións pasadas.

    • Publicaremos o teu nome na web para que te poidas ver eternamente como alguén que fixo isto posible.

    ¡A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo AQUÍ.

    > 25 Co-financiers
  • Contributing $ 1,577

    Periódico das Cuirtopías

    Imaxinas un periódico onde só pasan cousas bonitas? Ou raras. Ou as dúas. Pois iso é o que temos entre mans. O "Periódico das Cuirtopías" non é un periódico normal. É dos mundos que soñamos xuntes cando o festival termina e a vida real parece que non dá tregua. Noticias que non van pasar nunca (ou si), entrevistas a xente que igual existe ou igual non e unha foliada que non termina nunca.
    Está en papel e recóllese no festival, como debe ser. Para lelo ti, para regalalo, para enmarcalo ou para forrar a mesa quando comes. O que ti queiras.

    Con esta recompensa axudas a que o xornalismo de boas noticias (que é o máis difícil) teña unha edición impresa. Aínda que sexa unha. Ademais:

    • Un exemplar físico do "Periódico das Cuirtopías" (recollida no festival).
    • Publicaremos o teu nome na web para que te poidas ver eternamente como alguén que fixo isto posible.

    ¡A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo AQUÍ.

    > 05 Co-financiers
  • Contributing $ 1,972

    Camiseta da XI edición (talla e reserva) + Periódico das Cuirtopías

    Este ano hai camiseta, si. Con esta recompensa resérvala e recóllaa no festival, cando chegues, sen colas nin agobios. Ti elixes a talla ao facer a túa achega e nós gardámola co teu nome. Así aseguras a túa sen ter que pelexar pola última que quede, que sempre é a que non che vale.

    E ademais, claro, o periódico. O que xa che contamos. O das noticias que non pasan, as entrevistas que non existen e a foliada que non termina. En papel. Para que o teñas, o ulas e o gardes.

    Con esta recompensa axudas a que este ano te leves algo físico (e bonito) e a que o periódico siga sendo ese obxecto raro que non sabes moi ben que é pero che encanta ter. Ademais:

    • Camiseta do XI Festival Agrocuir da Ulloa.
    • Un exemplar físico do "Periódico das Cuirtopías.
    • Publicamos o teu nome na web para que te poidas ver eternamente como alguén que fixo isto posible.
      ¡A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo AQUÍ.
    > 47 Co-financiers
  • Contributing $ 3,944

    Amadriña un carballo con Eira da Xoana e participa na reforestación

    Amadriña a plantación dunha árbore no bosque autóctono que custodia a Eira da Xoana, un proxecto aberto de ADEGA para o impulso do ecoloxismo e a custodia da terra. Na veciña parroquia de Ramil, zona 0 na que se prevé a construción de Altri, este proxecto conta con anos de traxectoria en defensa do medio rural galego. É para nos un privilexio poder contar con eles para esta recompensa. Ser corresponsable de prantar unha árbore autóctona para facer fronte ao avance da eucaliptización é un bo xesto para a posteridade. Se queres saber máis visita tamén a súa web: https://eiradaxoana.gal/

    Con esta recompensa axudas ao noso monte a seguir medrando, capturando CO2 e a que es noses nietes coñezan un monte galego coma o da nosa infancia. Ademais:

    • Eira de Xoana comprométese a plantar un exemplar de árbore de bosque autóctono e a convidarte a unha actividade.
    • Un ejemplar físico del "Periódico de las Cuirtopías" (recogida en el festival).
    • Publicaremos o teu nome na web para que poidas verte eternamente como alguén que fixo isto posible.
      A túa participación pode desgrabarse! Descubre como facelo AQUÍ.
    > 03 Co-financiers
  • Contributing $ 5,916

    Cestas de produtos da comarca da Ulloa

    Con esta recompensa levas (ou mellor dito, recolles durante o festival) unha cesta de produtos km 0 da Ulloa. Unha delicia non perecedera de especias ou cosméticos, entre outros. Din que é moito máis doado evocar lembranzas cos cinco sentidos, así que evócate enriba desta cesta. Desfruta!

    Con esta recompensa axudas as nosas veciñas produtoras que son chave para a custodia do territorio. Ademais:

    • Poderás recoller durante o festival a túa cesta de produtos locales.
    • Camiseta do XI Festival Agrocuir da Ulloa.
    • Un ejemplar físico del "Periódico de las Cuirtopías" (recogida en el festival).
    • Publicaremos o teu nome na web para que poidas verte eternamente como alguén que fixo isto posible.
      Poderás recoller durante o festival a túa cesta de produtos locales.
      A túa participación pode desgrabarse! Descubre como facelo AQUÍ.
    > 04 Co-financiers

About this project

O Festival Agrocuir da Ulloa é unha iniciativa organizada no rural lucense para reivindicar a diversidade sexual, afectiva e de xénero.

Needs Task Minimum Optimum
Gastos de crowdfunding
Xestión, pasarela de pagos e apoio fundacional (Todo incluído)
$ 17,352
¡Cantos de taberna!
Un dos momentos máis especiais do festival son os Cantos de Taberna, cando moreas de grupos de música tradicional ateigan de música as rúas da vila e todo se convirte nunha gran foliada. Esta partida permitiranos remunerar dignamente a todas as músicas que participarán nos Cantos de Taberna.
$ 23,662
Infraestructura
Aínda que o Agrocuir tenta xerar as menores infraestruturas posibles, algunhas son inevitables :) Entre outras, as necesarias para adecuar a zona de acampada libre ou o alugueiro de equipos electróxenos para asegurar que todo funcione.
$ 49,297
Caché de artistes
Parte dos cachés das actuacións, proxeccións e DJs dos dous días do festival (venres e sábado).
$ 39,437
Caché de artistes
Parte dos cachés das actuacións, proxeccións e DJs dos dous días do festival (venres e sábado).
$ 53,240
Contribución gotel
Xestión, pasarela de pagos e apoio fundacional (Todo incluído)
$ 9,662
Needs Infrastructure Minimum Optimum
Barras
"As barras son esenciais en calquera festival! Nesta partida, inclúense algúns dos gastos da loxística."
$ 39,437
Equipo de sonido
Para poder mover o corpo hai que botarlle ruído, notas e cancións. Necesitamos un bo equipo para que o son chegue ben a todos os recunchos da praza e Caracacho.
$ 19,719
Needs Material Minimum Optimum
Cartelería e señaletika
Imos engadindo espazos cada ano e distinta sinalética para transformar a accesibilidade, os baños e todos eses valados da vida diaria, axúdanos a facelo posible.
$ 1,972
Decoración
Elaboración de elementos decorativos nas diferentes zonas do festival. Este ano, a temática á que dedicamos a edición dá moito xogo, e queremos plasmalo nas rúas e bosques de Monterroso. Iso si! Prometemos que todo o que fagamos será reutilizable!
$ 23,662
Total $ 171,157 $ 277,441
Necessary
Supplemental

General information

O Festival Agrocuir da Ulloa é un evento pola diversidade sexual, afectiva e de xénero que se celebra no rural. É de carácter interxeracional e reivindica valores como o ecoloxismo, o feminismo e o respecto á diversidade.

Nesta edición seguimos apostando por realizar todas as actividades en diferentes lugares do pobo de Monterroso, para xerar un espazo aberto e accesible para todo o mundo. Por iso, nesta edición tampouco cobraremos entrada e por iso necesitamos a vosa colaboración para seguir facendo este soño posible.

Este ano celebramos a undécima edición os días xoves 20, venres 21 e sábado 22 de agosto.. Dous días de música, teatro, contacontos, obradoiros, mesas redondas e moito baile. Un espazo aberto e accesible en diferentes puntos do pobo de Monterroso, onde converxemos persoas de todo o mundo nun ambiente de bo rollo e diversión.

Este ano, igual que noutros pasados, as recompensas físicas so poderán recollerse durante o festival. É a undécima edición e aínda que pareza mentira fainos moitísima ilusión seguir organizando o festival e atoparnos todes este verán, que é o que realmente importa. A sustentabilidade de iniciativas como a nosa está permanentemente en cuestión e necesita da vosa colaboración económica para seguir adiante. Sabemos que é moito pedir e por iso o facemos cun sorriso alegre e descarado.

Por outro lado, pensamos que o que é realmente valioso do Agrocuir non son as camisetas, os vasos, as pulseiras ou as bandeiras. O que vale e que si vos podedes levar son os recordos, amigues, cancións, puntos de baile e quizais algún grupo musical novo. Con todo isto, cando soe o espertador ás sete da mañá ou leas o enésimo correo no que non che dean os bos días, poñas nos auriculares algunha canción que escoitaches no festi, peches os ollos e volvan todas as cousas que viviches no Festival Agrocuir.

Isto si vale para toda a vida.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Características:

Facemos un evento que reivindica un rural vivo e diverso, propoñendo unha celebración do orgullo LGTBIQA+ cunha perspectiva de xénero e unha proposta alternativa de festival.

Todas as nosas actividades desenvólvense en Monterroso, buscando recuperar espazos naturais aos que dar unha nova vida desde o coidado e a sustentabilidade. É unha celebración que bebe das romarías tradicionais, xerando espazos diúrnos e nocturnos, dando cabida a un encontro interxeracional. Apostamos por propostas culturais que dignifican a tradición abrazando un presente diverso.

Obxectivos:

  • Vivir dous días nos que poidamos compartir, divertirnos e bailar, bailar e bailar.
  • Xerar espazos no rural para visibilizar a diversidade sexual, afectiva e de xénero neste entorno.
  • Crear un encontro sostible e ecolóxico.
    * Poñer en valor a riqueza material e inmaterial da Comarca da Ulloa.
  • Aportar espazos de convivencia e celebración para todas as xeracións.
  • Promover un espazo familiar non masificado que busca xerar comunidade.
  • Tecer lazos de cooperación entre persoas e asociacións.
img-883.jpg fg0a2967.jpg fg0a3773.jpg fg0a4712.jpg

Why this is important

O Festival Agrocuir da Ulloa xurdiu da necesidade de xerar un espazo na comunidade que habitamos de celebración e reivindicación da loita LGTBIQA+, tradicionalmente asociados ao ámbito urbano, e á vez visibilizar a nosa forma de vivir, desde o respecto á cultura e ao medioambiente.

Vai dirixido a todas as persoas ás que lles apeteza compartir a nosa proposta, independentemente de quen sexas, como sexas e de onde sexas.

img-969.jpg fg0a2976.jpg 3m0a7945.jpg img-891.jpg

Team and experience

O Colectivo Agrocuir da Ulloa empezou cun pequeno grupo de amigues, de diversas procedencias, idades, sexualidades e sen experiencia profesional na xestión de festivais. Durante estes anos o colectivo medrou grazas a persoas que cambiaron a cidade polo rural, para habitalo e apostar por un modo de vida máis consciente e vencellado ao territorio. Temos en común o desexo de habitar nun rural vivo, diverso e sostible, e para contribuír á nosa causa organizamos cada ano este festival sen ánimo de lucro, aprendendo e medrando xuntes en cada edición.

fg0a4110.jpg cuir3m0a8348.jpg img-0857.jpg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss